domingo, 18 de diciembre de 2016

CRONICA

Ola a todos: Outro domingo mais, como de costume, as 8 da mañá , saímos da casa da cultura de Ferreira , un grupo reducido de sendeiristas de “Paso Miúdo” cara a terras asturianas , co fin de percorrer os 9 km da ruta”Senda Verde As Minas” en Vegadeo.

Xa a esa hora a temperatura era boa e prometía un bo día, como así foi, soleado e ideal para camiñar.

Paramos en Vegadeo a tomar café e logo subimos ata A Espía, alí comezaba a ruta. O primeiro km en asfalto, logo adentramonos nun sendeiro moi ben coidado e ancho onde podiamos camiñar de tres en tres e cun bo firme, rodeado de carballos, acivros, avelas … que nos daban a sombra ideal para o que estabamos a facer.

As vistas eran impresionantes, pequenas aldeas nos vales e ladeiras das montañas, facían que nos pararamos de vez en cando a sacar fotos.

No recorrido encontramos unha cova a “Bocamina tras da Costa”; e como non …. Alí nos adentramos coas linternas dos móbiles, percorremos os metros da cova …. Non sen faltar algún susto acompañado de pequenos berros.

Foi unha ruta moi doada, e as doce e media, xa estabamos no autobús camiño de San Tirso de Abres, alí era o xantar previsto para as dúas, e como chegamos unha hora antes … pasamos o tempo cada un como quixo. Uns bebendo sidra, outros disfrutando do dá e outros fixemos unha mini-ruta para ver unha cascada.

Recuperamos forzas no Restaurante San Isidro, con unha fabada, churrasco e postres caseiros.

Xa rematado o xantar saímos cara A Pontenova, onde fixemos un alto no camiño para ollar a súa Feira de Antigúedades, que se estaba a celebrar este fin de semana.

De volta, as 6 da tarde, na casa da cultura de Ferreira, satisfeitos de pasar un bo día xuntos e percorrer unha ruta que puxo a guinda final as rutas do 2016. Marabillosa!!! A seguir asi!!!

Boas festas a tod@s e Mellor Ano Novo!!!

Vémonos …..

Mª Carmen Sixto

Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario