Xa a esa hora a temperatura era boa e prometía un bo día, como así foi, soleado e ideal para camiñar.
Paramos en Vegadeo a tomar café e logo subimos ata A Espía, alí comezaba a ruta. O primeiro km en asfalto, logo adentramonos nun sendeiro moi ben coidado e ancho onde podiamos camiñar de tres en tres e cun bo firme, rodeado de carballos, acivros, avelas … que nos daban a sombra ideal para o que estabamos a facer.
As vistas eran impresionantes, pequenas aldeas nos vales e ladeiras das montañas, facían que nos pararamos de vez en cando a sacar fotos.
No recorrido encontramos unha cova a “Bocamina tras da Costa”; e como non …. Alí nos adentramos coas linternas dos móbiles, percorremos os metros da cova …. Non sen faltar algún susto acompañado de pequenos berros.
Foi unha ruta moi doada, e as doce e media, xa estabamos no autobús camiño de San Tirso de Abres, alí era o xantar previsto para as dúas, e como chegamos unha hora antes … pasamos o tempo cada un como quixo. Uns bebendo sidra, outros disfrutando do dá e outros fixemos unha mini-ruta para ver unha cascada.
Recuperamos forzas no Restaurante San Isidro, con unha fabada, churrasco e postres caseiros.
Xa rematado o xantar saímos cara A Pontenova, onde fixemos un alto no camiño para ollar a súa Feira de Antigúedades, que se estaba a celebrar este fin de semana.
De volta, as 6 da tarde, na casa da cultura de Ferreira, satisfeitos de pasar un bo día xuntos e percorrer unha ruta que puxo a guinda final as rutas do 2016. Marabillosa!!! A seguir asi!!!
Boas festas a tod@s e Mellor Ano Novo!!!
Vémonos …..
Mª Carmen Sixto
Powered by Wikiloc